Historia
Cada noite o gran Druida realiza o santo ritual que transforma unha enorme pedra na barca de Charonte; donde embarcan todalas almas dos que morreron ese dia para ir o reino de Hades.
Unha orde de magos, conocidos como os "Mutadores" roubaron todolos obxetos mágicos que se usan no ritual e esconderonos nas profundidades do tenebroso mar da Costa da Morte e polos bosques malditos que abundan por estas terras.
Un grupo de audaces, intentarán rescatar os obxetos para que as almas volvan viaxar e continue o sagrado ciclo da existencia.
Axudados por unha orden de cabaleria conocidos como "Os gardians do Sendeiro" e instruidos polos mestres Druidas; Terán que iniciarse nos rituales, recorrer millas por rutas e sendeiros descoñecidos; surcarán o mar do fin do mundo en kayaks de mar e volarán en ultralixeiros atravesando nubes e tormentas. Aprenderan o noble arte da arquería, terán que escalar montañas de oscuros segredos e bucearán as profundidades do mismísimo Mare Tenebrosum e deberán enfrentarse con armas de fogo continuamente contra inimigos que intentarán eliminalos.
Aqueles que consigan chegar o final, desvelar os misterios e recuperar os obxetos maxicos, pasarán a formar parte da orde de cabaleiros dos "Gardians do Sendeiro".
Viviran a ceremonia de investidura, recibirán os votos e celebrarano con unha suculenta cea mentras ven a barca de Charonte alonxarse no ocaso. Algo que solo pode ser admirado por Druidas e Gardians.